Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida a alcaldesa de Sitges, de ERC, por presunta corrupción en subvencións

Detida a alcaldesa de Sitges, de ERC, por presunta corrupción en subvencións

Os axentes detiveron o concelleiro de ERC Jaume Mosteiro e outras sete persoas máis

Acúsanos dos delitos de prevaricación, malversación e falsidade documental

En total atópanse como investigadas un total 13 persoas: a alcaldesa, 8 concelleiros do Concello de Sitges da etapa que se investiga e 4 particulares

ERC di que denunciou os casos e iniciou expedientes para reclamar a súa devolución

Unha das persoas detidas no operativo policial
G24.gal 21/06/2023 14:14

A Policía Nacional detivo a alcaldesa de Sitges, Barcelona, Aurora Carbonell, de ERC, no marco da operación despregada por presunta corrupción na concesión de subvencións municipais a entidades sociais, entre os anos 2017 e 2022.

Ademais de Carbonell, os axentes detiveron o concelleiro de ERC Jaume Mosteiro e outras sete persoas máis, entre as que figuran varios técnicos do consistorio.

A operación, que levan a cabo axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais (UDEF) baixo a dirección do Xulgado de Instrución número 8 de Barcelona, mantense aberta, con máis rexistros en oficinas municipais e posibles detencións.

Na causa, aberta polos delitos de prevaricación, malversación e falsidade documental, investíganse presuntas irregularidades na adxudicación de subvencións a entidades da Mesa do Terceiro Sector e a unha cooperativa da poboación, entre os anos 2017 e 2020, e suposto fraccionamento de contratos.

Neste momento atópanse como investigadas un total 13 persoas: a alcaldesa, 8 concelleiros do Concello de Sitges da etapa que se investiga e 4 particulares que formaban parte dunha das cooperativas investigadas.

As entradas e rexistros están a levarse a cabo de forma simultánea nas oficinas municipais, as entidades beneficiarias dos contratos e os domicilios particulares dos 4 investigados relacionados coa cooperativa.

A actual alcaldesa, que acaba renovar no seu cargo, liderou o Goberno municipal na etapa 2019-2023 co apoio do Grup Independent e de Guanyem Sitges (unha coalición da CUP e os comúns), que está dentro do período que investiga o Xulgado de Instrución número 8 de Vilanova i a Geltrú.

As irregularidades investigadas afectan tamén a anterior etapa no Concello de Sitges, do que foi o seu alcalde Miquel Forns, de CiU, entre os anos 2015-2019.

ERC lembra que a alcaldesa de Sitges parou as subvencións e reclamou a súa devolución

ERC indicou que a alcaldesa, a republicana Aurora Carbonell, parou as subvencións irregulares, e  púxoas en coñecemento dos equipos xurídicos. Tamén iniciou expedientes para reclamar a súa devolución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade