Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home en Forcarei por matar e decapitar un can

Deteñen un home en Forcarei por matar e decapitar un can

Os veciños falan dunha persoa moi conflitiva que os ten ameazados a todos

G24.gal 18/10/2022 16:49 Última actualización 18/10/2022 17:24

Antonio, un veciño de Forcarei ten atemorizada boa parte da súa veciñanza polo seu comportamento violento. Pero a pinga que rebordou o vaso foi a decapitación do seu propio can, que logo tirou a un colector. A Garda Civil detívoo e pouco despois quedou en liberdade investigado por estes feitos. 

"Eu tiven un problema con el e non quero máis", é a resposta máis repetida cando se pregunta en Forcarei por este home: Antonio Temes. O seu apelido semella un paradoxo. Todos lle temen polo seu comportamento violento.

Din que ten problemas de drogadicción, que adoita pedir cartos e, cando llos negan, víngase ou inténtao. Carmen amosa a nota ameazante que asegura que lle pasou por debaixo da porta: "Vaite preparando".

Son moitas as denuncias e causas que ten pendentes, pero a última acción de Antonio rebordou o vaso da paciencia dos veciños pola súa crueldade. "Matou un cachorriño o e non contento con darlle unha malleira cortoulle a cabeza", conta Carlos. 

A Antonio detivérono onte por estes feitos e quedou en liberdade en condición de investigado. Ten varios casos pendentes e antecedentes por diversas causas e por iso os veciños non entenden que siga libre e amedrentándoos a todos.

Pero o conto é que Carlos non se esconde. Este martes atopábase na súa casa, escoitando música a todo volume. Rexeitou facer declaracións, dixo, por recomendación do seu avogado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar