Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un coñecido delicuente tras unha persecución de película entre Teo e Ames

Deteñen un coñecido delicuente tras unha persecución de película entre Teo e Ames

Foi uns cinco quilómetros, desde Cacheiras ata O Milladoiro, perseguido pola Garda Civil 

Despois de bater con outro coche en plena autovía tentou fuxir á carreira 

Impútanlle 13 delitos por roubo, falsidade documental e atentado contra seguridade viaria

G24.gal 16/02/2024 14:32

A avenida central do Milladoiro converteuse á media mañá deste xoves nun escenario inesperado. A película que aínda ten sorprendidos aos veciños da zona empezara no concello de Teo, cando unha patrulla da Garda Civil intentou darlle o alto a un coche que coincidía coa descrición doutro que acababan de denunciar como roubado. 

"Sinto derrapar e vexo que o coche sobe pola beirarrúa e a Garda Civil xusto detrás", conta unha testemuña. 

José Antonio Fernández, subtenente da Garda Civil do Milladoiro, di que o seguiron desde Cacheiras, en Teo, ata O Milladoiro, uns cinco quilómetros por estradas rurais ata chegar a avenida que atravesa o Milladoiro, unha estrada nacional de gran tráfico. Despois de circular por un treito de beirarrúa volveu á avenida, pero non puido avanzar. 

"Xa se esnafrou con outro coche que estaba parado no semáforo, abriu a porta e seguiu correndo". 

O coche circulou por este treito de beirarrúa antes de volver á calzada O coche circulou por este treito de beirarrúa antes de volver á calzada

A persecución continuou á carreira polas rúas do Milladoiro ata que un axente lle deu alcance ao condutor, que resultou ser un coñecido delincuente de Ribeira, que parece que estaba empezando a ampliar o seu campo de actuación ata esta zona das inmediacións de Compostela. 

O detido segue no cuartel do Milladoiro, mentres a Garda Civil completa o longo expediente de 13 delitos co que vai pasar a disposición xudicial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade