Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desirée Vila recibe a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo

Desirée Vila recibe a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo

Desirée Vila: "O deporte salvoume a vida"

Foto EFE
G24.gal 02/12/2022 15:29 Última actualización 02/12/2022 15:35

José Manuel Franco, presidente do Consello Superior de Deportes, entregou este venres a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo á atleta paralímpica de Gondomar Desirée Vila, que asegurou ao recoller o recoñecemento que o deporte quitoulle unha perna tras un accidente en 2015, pero tamén "salvoume a vida". 

O Consello Superior de Deportes xustificou a entrega deste recoñecemento a Desirée Vila polos "logros no atletismo paralímpico e a súa proxección no deporte inclusivo" aos seus 24 anos.

"Cando me chamaches (José Manuel Franco) non daba creto do que supoñía e o afortunada que son. Desde pequena sabía cal era a miña paixón. Algunhas persoas nunca o atopan, pero tiñades que ver a miña cara cando me levaron ao pavillón de ximnasia en Vigo por primeira vez. Esa pequena Desi non tiña nin idea de como cambiaría a vida a decisión de dedicarse ao deporte. Foi a mellor decisión e a máis importante da miña vida", dixo Desirée, no seu discurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos