Publicador de contidos

Publicador de contidos

A abundante choiva causa unha desfeita na produción de cereal na Limia

A abundante choiva causa unha desfeita na produción de cereal na Limia

O pouco trigo de inverno, centeo ou colza que se puido sementar non vai saír adiante

G24.gal 18/01/2024 14:22

As perdas na importante comarca agrícola da Limia van ser millonarias segundo calculan os produtores de cereal. A estas alturas, de 13.000 hectáreas que se acostuman sementar, en 7.000 non se puido xa botar nada porque as parcelas están anegadas.

A abundante chuvia dende o 1 de outubro superou só no concello de Xinzo de Limia os 500 litros por metro cadrado. E o pouco trigo de inverno, centeo ou colza que si se puido sementar está enchoupado e non vai saír adiante.

A lagoa de Antela recupera o seu espazo. A choiva continua dende outubro anegan as parcelas que terían que estar producindo o cereal de inverno.

300 hectáreas de colza están podrecidas. Calculan que as perdas son cuantiosas que se perderán na Limia uns 25 millóns de quilos de cereal.

Agora a esperanza está posta no cereal de primavera, pero nin é tan rendible e depende tamén do tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade