Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan unha festa ilegal na Coruña sen medidas anticovid

Desaloxan unha festa ilegal na Coruña sen medidas anticovid

Os axentes, nada máis ver un grupo de mozos ás portas das instalacións, tiveron claro que se trataba dunha festa ilegal en que cobraban entrada

G24.gal 20/12/2021 11:47

A Policía Local descubriu o que estaba pasando no interior dunha nave, supostamente un centro de rodaxes cinematográficas, no transcurso dunha patrulla rutineira no polígono industrial da Grela, na Coruña.

Os axentes, nada máis ver un grupo de mozos ás portas das instalacións, tiveron claro que se trataba dunha festa ilegal en que cobraban entrada, polo que, presuntamente, funcionaba como discoteca.

Así que desaloxaron o local, que foi denunciado por carecer de licenza para esta actividade, amais de, por incumprimento xeneralizado do uso da máscara, ter música e un posible exceso de ocupación, entre outras infraccións á normativa sanitaria. 

No mesmo lugar, un dos clientes foi sancionado porque se negou a identificarse perante os policías. Porén este non foi só un dos múltiples sitios aos que tiveron que acudir os axentes municipais esta fin de semana, nesta céntrica rúa de Juan Flórez o 092 desaloxou tamén un local que acumulara varias infraccións.

Ao parecer, a policía levaba tempo detrás del porque non cumpría coas restricións da súa licenza. Tras realizar un informe que incluía todas as infraccións, entregáronlle ao propietario a notificación polo cesamento de actividade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade