Cargando resultados...
Derrota no límite do Compostela fronte ao filial do Oviedo (2-1)
G24.gal
03/09/2022 22:11
Si que houbo goles en Oviedo, onde o Compostela se adiantou ante o Oviedo Vetusta cun gol de Darío aos 29 minutos. Pero aos de Fabiano escapoulles o partido no treito final. O empate anotouno Cordero de penalti no minuto 73. E o dous a un, no engadido, foi obra de Sesé. Primeira derrota para o Compostela na Liga.