Publicador de contidos

Publicador de contidos

Delcy Rodríguez anuncia unha amnistía xeral para os presos políticos en Venezuela

Delcy Rodríguez anuncia unha amnistía xeral para os presos políticos en Venezuela

A nova lei discutirase e aprobarase previsiblemente a semana que vén

Aplicarase a todos os presos políticos que foron detidos dende 1999, o período que inclúe os gobernos do chavismo

G24.gal 31/01/2026 00:07 Última actualización 31/01/2026 09:27

A presidenta encargada, Delcy Rodríguez, avanzou esta noite a aprobación inminente dunha lei de amnistía xeral para os presos políticos que foron detidos dende 1999, o período que inclúe os gobernos do chavismoO anuncio fíxoo durante un acto no Tribunal Supremo de Xustiza.

Anuncio unha lei de amnistía xeral e encargo que esa lei se leve á Asemblea Nacional para favorecer a convivencia en Venezuela (...) Pído que ninguén impoña a violencia ou a vinganza para que todos vivamos con respecto.

Delcy Rodríguez explicou que se trata dunha decisión que xa tiña pactada con Nicolás Maduro, agora encarcerado nos Estados Unidos. A norma chegará á Asemblea Nacional, que lle debe dar o visto e prace, previsiblemente a semana que vén. Desa lei de amnistía quedarán excluídos delitos graves como homicidio ou narcotráfico.

A presidenta encargada de Venezuela anunciou tamén a reconversión do Helicoide, o cárcere símbolo da represión chavista, nun centro social e deportivo, e prometeu actuar contra a corrupción no sistema xudicial.

O goberno venezolano comezou coas excarceracións hai varias semanas, pero a oposición e as ONGués reclamaban unha amnistía ampla como condición mínima para falar de transición política. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade