Definida a folla de ruta para o ascenso a Segunda División
O play off xogarase entre o 4 e o 11 de xuño en Balaídos, Riazor e A Malata
As dúas últimas xornadas da fase regular serán en horario unificado
A Federación Española confirmou que os campos de Balaídos, Riazor e A Malata acollerán os partidos da fase de ascenso a Segunda División, aínda que a asignación de estadio para cada partido non quedou especificada e virá determinada polas necesidades de ocupación de cada un dos equipos.
O que quedou clara foi a folla de ruta no tocante a datas. A primeira decisión é de xogar en horario unificado as dúas últimas xornadas que serán os sábados 21 e 28 de maio ás 18:30 horas.
O venres 3 de xuño xogarase a final de campións entre os dous equipos que xa acadaron o ascenso ao fútbol profesional para determinar o campión desta Primeira RFEF.
O sábado 4 comezará o verdadeiramente importante, co primeiro partido de cuartos de final. Para acadar os outros dous ascensos os equipos participantes terán que superar dúas eliminatorias.
Agora mesmo os emparellamentos serían: Deportivo-Baleares, Rácing-Sabadell, Celta B-Vilarreal B e Badaxoz-Albacete pero aínda quedan catro xornadas nas que poden mudar moito as cousas.
