Publicador de contidos

Publicador de contidos

Decretan prisión provisional para a actriz Mónica Cervera por unha causa penal

Decretan prisión provisional para a actriz Mónica Cervera por unha causa penal

A actriz coñecida polo seu papel na serie La que se avecina, que estivo proposta para os Goya en 2004 pola película Crimen ferpecto, está acusada dun delito contra o Patrimonio

A actriz Mónica Cervera / Europa Press A actriz Mónica Cervera / Europa Press
G24.gal 19/02/2025 23:33 Última actualización 19/02/2025 23:44

A actriz malagueña Mónica Cervera, coñecida polo seu papel na serie La que se avecina, foi detida en Marbella e ingresada en prisión provisional por unha orde requisitoria dun Xulgado do Penal de Málaga, segundo confirmaron fontes próximas ao caso.

A intérprete, que tiña unha reclamación en vigor dun xulgado do Penal de Málaga, foi posta polos axentes ao dispor da autoridade xudicial competente, que decretou o seu ingreso en prisión provisional. Ao parecer tiña contas pendentes coa xustiza pola súa presunta responsabilidade nun delito contra o patrimonio.

A actriz, que estivo proposta para un Goya en 2004 como Mellor Actriz Revelación pola película Crime ferpecto, permanece no módulo de mulleres do centro penal do municipio malagueño de Alhaurín de la Torre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade