De la Barrera cre que Lucas Pérez pode conseguir que o saquen en 'procesión'
De la Barrera cre que Lucas Pérez pode conseguir que o saquen en 'procesión'
Rubén de la Barrera destila ilusión antes do partido que abrirá a fase de ascenso para o Deportivo e, por tanto, a posibilidade de retornar a Segunda División.
O adestrador coruñés insistiu en que o seu equipo está preparado para poñer no campo todos os argumentos que o leven ao éxito desde o primeiro partido, o que lle enfrontará o domingo ás sete da tarde contra o Castelló en Riazor. E se sae mal?
"Levantarse e seguir mirando á fronte. Isto vai de persistir. Ten que saír ben, porque imos poñer todo para que salga así. Isto é un deporte, pero é cuestión de ter unha mentalidade adecuada. É precioso, porque che chegan cousas e ves cousas, e a este nivel Coruña sempre está. Iso tennos que encher de enerxía. Ter descaro e impulsarnos. Isto é moi parecido ás condicións da superélite. Iso chega ao xogador e tense que traducir en enerxía e ir para diante", sinalou.
O técnico non desvelou se Trilli ou Antoñito xogará no lateral dereito, e, ao preguntarlle sobre a mentalidade de Lucas Pérez, que xogará a pesar dos seus problemas no pé, engadiu entre risas:
"Sabe que como xogador ten ao alcance da man poder conseguir que o saquen en procesión. E vaino a demostrar desde este primeiro partido".