Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Rodríguez: "Non houbo ningunha posibilidade de seguir no Rácing"

David Rodríguez: "Non houbo ningunha posibilidade de seguir no Rácing"

G24.gal 24/08/2022 16:05

Por Zona mixta pasou o xa exracinguista David Rodríguez, que esta fin de semana xoga co seu novo equipo, o Raio Majadahonda, contra o Rácing de Ferrol.

Quería seguir

“Non houbo ningunha posibilidade de seguir no Racing. Eu o único que fixen foi chamar para dicir que eu quería seguir ao 100 % pero visto que pasaba o verán e non recibía ningunha chamada ao final o máis sensato era ir a un sitio que me ilusionase”.

“Eu chamei para poñer as miñas ganas e a miña ilusión, incluso chamei para que me dixesen que non... Pero entendo as posturas dos clubs, que no verán andan a mil cousas, e segundo vin que ía pasando o verán e esa chamada non se me devolvía e que deixara pasar algunha opción, en canto chegou o Raio Majadahonda nunha fin de semana tomei a decisión”.

A chave: o vestiario

“Unha cousa que ten Ferrol é o bo ambiente do vestiario, que para min explica o éxito do ano pasado. Eu asinei en Majadahonda o día que saíu o calendario e dende ese día (como a primeira xornada virá o Rácing) xa houbo bromas, Álex López xa me dixo que me ía pegar algunha patada… xa non eramos só compañeiros, había un grupo de amigos”.

"Estar en Madrid dáche visibilidade como xogador. Menos mal que aínda non nos xogamos nada porque igual a patada de Álex igual era en serio. O Deportivo vai ser o gran favorito, como o Córdoba en Andalucia, teñen 20.000 persoas nesta categoría, é moito".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos