Publicador de contidos
Publicador de contidos

D. Barragán, vicepresidente do DUX: "Non nos imos presentar en Riazor e creo que vai haber moitos equipos con problemas"

D. Barragán, vicepresidente do DUX: "Non nos imos presentar en Riazor e creo que vai haber moitos equipos con problemas"

G24.gal 25/08/2022 16:07 Última actualización 25/08/2022 16:18

Por Zona mixta pasou David Barragán, vicepresidente do DUX, que confirmou que o equipo visitante non se presentará en Riazor para xogar contra o Deportivo esta fin de semana.

Situación insostible para competir

"Absolutamente confirmado que non imos xogar en Riazor. Xa llo comunicamos esta mañá a Depor, Federación e clubs. O do cambio de hora non sei a que se debe, é cousa da Federación. O noso principal problema son as esixencias da categoría, non son sostibles"

"Cremos que incluso é inconstitucional o salario mínimo de 20.000 € que coa Seguridade Socias e multiplicado por 24 xogadores que se esixen... son cantidades astronómicas. Esixen cuarto árbitro, médico que viaxe... Para equipos con pouca masa social é insostible"

"Levamos vinte anos nisto e cando chegamos a 2ª B eramos sostibles. Por que agora non nesta categoría? O caso dun xogador como Del Pozo é significativo de xogadores que sacamos nós, pero que non podes manter con salarios como os que cobran agora"

Intentos ata última hora

"O martes xurdiu unha oportunidade. Estamos saneados, non temos débeda, pero logo chega o golpe do da televisión. O dos 15 millóns quedou en 4 e tocamos a 100.000. Insostible. Os fondos de inversións esixen garantías e non é dun día para outro, tería que ser un fondo ou inversor nacional"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar