Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cuntis rexistra a maior acumulación de choiva deste mércores con 94 litros por m2

Cuntis rexistra a maior acumulación de choiva deste mércores con 94 litros por m2

Para o xoves agárdase unha xornada sen choiva

O río Verdugo rebordou ao seu paso por Ponte Caldelas
G24.gal 02/10/2024 20:01 Última actualización 02/10/2024 21:41

O municipio pontevedrés de Cuntis acumulou 94,1 litros por metro cadro de choiva, nunha xornada en que a comunidade galega estivo en alerta amarela.

As fortes choivas provocaron ademais a enchente do río Verdugo, que nace en Forcarei e atravesa os concellos de Beariz, A Lama, Ponte Caldelas e Soutomaior.

O río rebordou preto da zona da praza de Abastos ao seu paso por Ponte Caldelas.

Tamén noutros puntos de Galicia, como en Folgoso do Courel as intensas choivas deixaron un total acumulado de 73.5 l/m2. Na provincia de Pontevedra, Poio rexistrou 72.9 l/m2 e Cotobade 71.9 l/m2.

Para a xornada do xoves aumentará a influencia anticiclónica en Galicia, polo que se espera unha xornada sen choiva, con ceo nubrados á primeira hora do día e pouco nubrados en xeral pola tarde.

As temperaturas mínimas sufrirán unha lixeira baixada mentres que as máximas subirán. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos