Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cun gol aos 49 segundos o Coruxo dorme en 'play-off'

Cun gol aos 49 segundos o Coruxo dorme en 'play-off'

O solitario gol de Youssef deulle os tres puntos no derbi contra o Bergan

G24.gal 16/04/2022 19:08

O Coruxo dorme en postos de fase de ascenso logo de gañarlle o Bergantiños con este gol de Youssef Al Watani aos 49 segundos de partido. O marroquí aproveita o pase de Garci para á reviravolta festexar a súa sétima diana dende que chegara no mercado invernal.

No primeiro tempo o cadro vigués foi dominador e puido marchar o descanso con maior vantaxe. Facíamoito dano ao contraagolpe e coa presión alta. A máis clara esta de Garci que detén Canedo.

Pero nos 45 minutos ese dominio desapareceu e o partido rachouse por completo. De novo, mesmos protagonistas, Canedo aguanta ata o último momento e detén este man a man de Garci para o 2-0. E na seguinte xogada, Antón Escobar acariña o empate nesta acción.

Na últimos minutos houbo moitas interrupcións da propia tensión da importancia do partido. Álex Ares non foi quen de sentenciar e Escobar tivo na súa testa rabuñar un punto para o Bergan.

Ao final, triunfo do Coruxo que depende do que faga mañá o Leganés B para rematar a xornada en postos de play-off.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade