Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cruel final para o Rácing, que impide a vitoria (2-2)

Cruel final para o Rácing, que impide a vitoria (2-2)

Álvaro Giménez anotou un dobrete para remontar

Iker Losada fixo un penalti no 93' que transformou Peke

G24.gal 02/03/2024 16:13 Última actualización 02/03/2024 19:14

Buscaban recuperar sensacións os locais na casa. A Malata é un fortín e así se demostrou hoxe. Pese ao mal comezo de partido, axiña se repuxeron os locais. Avisaba antes do minuto Arana tras un cacholazo a centro de Lago Júnior que marchou preto do pau. No minuto 3 xa non foi aviso.  Puxo o balón Iñigo Vicente e Rubén Alves atacouno cunha volea na que pouco puido facer Cantero. Adiantábanse os visitantes, que entraron moito mellor ao encontro. Tivo que espertar o Rácing. E fixérono con gol. Iker Losada, o home perigo do Rácing, roubou adiantado a Sangali. Buscou e atopou a Álvaro Giménez, que non perdoou diante de Ezkeita. Inda así, os visitantes seguiron creando perigo. Outra vez por medio de Arana. O dianteiro recibiu o balón de Iñigo e obrigou a Cantero a facer unha moi boa intervención para evitar o gol. Os de Parralo comezaron a atacar con máis frecuencia. O xogo xiraba arredor de Iker Losada. Mellorou unha xogada que parecía perdida na esquerda. O de Catoira puxo o balón cara á frontal, onde apareceu Curbelo. O seu lanzamento topou cas mans de Ezkeita. Nos derradeiros minutos da primeira metade volve a tentalo o de Catoira. Quedou o balón morto na frontal pero mandouno arriba. 

Na segunda metade comezaron mellor os locais e tentouno Señé cun lanzamento afastado que obrigou a Ezkeita a facer unha boa estirada. Inda así, Arana volveuna a ter nas súas botas. Cáelle o balón tras uns rexeites nun córner e mandouna as nubes. Pero no 66' volveu a aparecer o home gol. Jon García fixo bo un mal centro tras un córner, apareceu Álvaro Giménez para terminar de melloralo e mandar o balón a gol. Asinaba o seu dobrete e a remonta do Rácing. Empezou a ser superior o equipo de Parralo, manexando o xogo e os tempos do encontro. No 78' chegou un punto clave no encontro tras a expulsión de Rubén Alves tras impactar na cara de Pinchi nun salto. Xa nos derradeiros minutos, Iker Losada equivócase e fai penalti no seu intento de despexe. Impactou co pé de Jeremy e o árbitro non o dubidou. Peke foi o encargado e bateu a Cantero cunha enorme tranquilidade. Cruel final para o equipo de Cristóbal Parralo.

Consegue colocarse 7º con 44 puntos o equipo ferrolán, un por riba do seu rival de hoxe, o Rácing de Santander.

O adestrador do Rácing mostrouse decepcionado co resultado e cos erros do seu equipo:

"Non podemos cometer eses erros a balón parado. Eu no segudo gol non vexo un erro"

A segunda metade do Rácing foi bastante boa. Crisóbal volveu a ver brotes verdes:

"Volvín a ver o equipo recoñecible"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos