Cristian Fernández proclámase campión do mundo de ácuatlon
Adéstrase con Javi Gómez Noya e Pablo Dapena
Cristian quere revalidar o título mundial en Pontevedra 2025
Fará o saque de honra este sábado en Pasarón
O que acaba de competir a un grandísimo nivel, seguindo os pasos do seu ídolo, é Cristian Fernández. Tras proclamarse campión do mundo de ácuatlon en Eivissa, estes días volveu adestrarse a carón do subcampión olímpico.
Cristian: "Adestrarme con Javi e con Pablo é adestrarme cos meus ídolos, unha sorte, sempre me axudan".
Javi Gómez Noya: "Coñezo a Cristian dende que era un rapaz nadador. Conseguiu un resultado moi merecido que todos criamos que podía conseguir pero hai que chegar o día da competición e facelo, soubo render moi ben e estamos encantados por el porque o merece".
O rendemento e progresión de Cristian están sendo extraordinarios. Comezou neste deporte hai tan só tres anos e xa logrou unha prata no Europeo e agora o ouro Mundial.
Cristian: "Sabía que podía estar loitando polos postos de cabeza pero gañar son palabras maiores. Saíu e supercontento. O planificación que falei co meu adestrador, con Jonathan, saíu á perfección: aguantar no grupo de cabeza, non perder postos e apertar na parte final da natación. Saíu moi ben. E na carreira a pé sabiamos que tiñamos que pór a carreira dura dende o principio e chegamos a meta de primeiros".
A próxima proba será os Beach Games, en agosto, en Indonesia. E o seguinte obxectivo, revalidar o título en Australia. Pero o seu soño vai máis alá.
Cristian: "Gustaríame chegar a Pontevedra 2025, que ao ser o mundial na casa faime moita ilusión".
Como ilusión lle fai ser homenaxeado polo seu título en Pasarón.
Cristian: "É algo moi especial, levo 20 anos de socio do Pontevedra e faime moita ilusión poder ir a Pasarón a facer o saque de honra".