Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coudet volverá sentar no banco no partido ante a Real

Coudet volverá sentar no banco no partido ante a Real

O técnico volveu logo de pasar dous partidos na Arxentina por un problema persoal

G24.gal 15/10/2022 14:18

Eduardo Coudet está de volta. Logo de faltar nos dous últimos partidos do Celta por un problema persoal, o adestrador volveu coller os mandos do equipo na previa da visita da Real Sociedade a Balaídos. O técnico agradeceu a comprensión e o respecto de afección, club e medios diante do seu problema, antes de pasar revista aos asuntos máis destacados do partido.

Un dos nomes propios é, sen dúbida, o de Brais Méndez. O de Mos triunfa na Real Sociedade logo de deixar o Celta no pasado mercado. Coudet alégrase de que triunfe, pero laiouse de que sexa en San Sebastián, onde o levou o seu homólogo Imanol.

O técnico do Celta tamén cre que os tres puntos en xogo son especialmente importantes, por ser contra un rival que non se lles deu ben nas últimas datas, e porque lle permitirían ao equipo vigués dar un chimpo na clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos