Cargando resultados...
Coudet quere redimirse diante do Xetafe: "Prefiro que non me ratifiquen"
O Celta pecha a xornada cun partido no que pretende lavar a imaxe que deu en Valladolid
Coudet, realista sobre o seu futuro: "Son escravo dos resultados"
G24.gal
23/10/2022 19:44
O Celta pecha a 11ª xornada de Liga este luns ante o Xetafe coa sensación que ten que mellorar a imaxe e, sobre todo, os últimos resultados. Coudet compareceu esta tarde ante os medios e recoñeceu que os últimos 20 minutos fronte o Valladolid foron unha desfeita.
O adestrador reivindicou o fútbol do Celta: "Conseguimos máis eloxios que puntos", asegurou o preparador arxentino consciente de que o seu posto depende dos resultados. Coudet non quixo escapar das preguntas sobre o seu futuro e asegurou que prefería que non o ratificaran porque iso significaba "que estaba no forno".