Publicador de contidos

Publicador de contidos

Costa Rica pecha a embaixada en Cuba

Costa Rica pecha a embaixada en Cuba

 O goberno cubano fala dunha decisión sen argumentos, baixo a presión dos Estados Unidos.

G24.gal 19/03/2026 10:05

Costa Rica pecha a súa embaixada en Cuba e pídelle ao goberno de Díaz Canel que faga o mesmo, que saque o seu persoal diplomático de San José.  

O presidente de Costa Rica di que se distancian de Cuba porque o goberno está vulnerando dereitos básicos e como forma de protesta pola crise humanitaria que sofre o pobo,

Para Cuba a decisión de Costa Rica é unha mostra máis da súa subordinación aos Estados Unidos. Din que non está xustificada e que non conseguirán distanciar a Cuba do resto do continente.
Nas últimas horas están chegando á illa convois con axuda humanitaria, impulsados por movementos civís, sindicalistas e politicos.  Chegaron de Europa e tamén de México como mostra de solidariedade ante o bloqueo dos Estados Unidos.

Mentres algúns gobernos endurecen as advertencias. Dende hoxe, Alemaña desaconsella viaxar a Cuba de forma apremante debido á crise que vive o país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade