Cargando resultados...
Coruxo e Pontevedra afrontan un derbi decisivo
O partido xogarase o domingo ás 18 horas, televisado pola G2
O equipo local volverá ao Vao logo da remodelación
G24.gal
17/03/2022 21:29
A ilusión volveu ao Coruxo. Ilusión por volver á casa e por estar na pelexa pola fase de ascenso. Está a un punto logo de sumar 16 dos últimos 18.
Clasificación, pero directa, é a que quere o Pontevedra. Os granates están a seis puntos do Adarve. E o líder será o seguinte rival en Pasarón, tras xogar no Vao. O Coruxo quere manter a boa serie. O partido deste domingo pode ser un test de altura.