Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controis da Policía local de Cambre para previr atropelos polo uso do móbil ao volante

Controis da Policía local de Cambre para previr atropelos polo uso do móbil ao volante

En 15 días a Policía local sancionou 10 persoas condutoras por manipular o móbil cando conducían

Os controis instaláronse en zonas de mobilidade compartida, como son os pasos de peóns

 

G24.gal 05/07/2022 21:25 Última actualización 05/07/2022 21:42

Manipular o móbil mentres se circula está sancionado.

Implica a perda de 3 a 6 puntos de carné e o pagamento de 200 euros de multa.

"Hai unha diferenza só en canto á detracción dos puntos: son tres puntos se se manipula o móbil aínda que estea instalado sobre calquera soporte e seis puntos se se emprega o teléfono móbil na man", explica Abel Patiño, inspector xefe da Policía local de Cambre.

Unha distracción conducindo provocada polo uso do móbil pode ter como resultado un atropelo.

Durante dúas semanas a Policía Local de Cambre realizou controis en zonas urbanas próximas a pasos de peóns.

Neses 15 días sancionaron 10 persoas condutoras.

"As persoas que detectamos infrinxindo encaixaron perfectamente a situación e asumiron que o estaban a facer mal e non houbo casos polémicos. Buscabamos un pouco iso, máis que denuncia a concienciación dos condutores e condutoras, e evitar calquera risco de accidente principalmente os atropelos polo risco que supoñen as lesións dos atropelados", argumenta o inspector xefe da Policía Local de Cambre. 

Porque calquera descoido ao volante pode supor a perda dunha vida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade