Cargando resultados...
Continúa a investigación do tiroteo que deixou dous mortos no cemiterio de Torrent
A policía sospeita que o tiroteo foi en vinganza por outro enfrontamento

G24.gal
02/11/2021 13:32
A policía sospeita que o tiroteo que deixou onte dous mortos nun cemiterio de Valencia foi en vinganza por outro enfrontamento a tiros acontecido no 2016.
De feito, dous dos homes feridos hai cinco anos son os que están agora implicados nos homicidios perpetrados onte.
Pertencen ao clan xitano dos Bocanegra, enfrontado desde hai anos con outro clan coñecido como os Marco.
Xa no 2018, as dúas familias protagonizaran outro tiroteo no camposanto de Torrent, aínda que daquela non houbera feridos.