Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Temos que modernizar as nosas normas, nun marco laboral xusto"

"Temos que modernizar as nosas normas, nun marco laboral xusto"

Isabel Rodríguez, ministra voceira do Goberno. Foto: EFE/Javier Lizón Isabel Rodríguez, ministra voceira do Goberno. Foto: EFE/Javier Lizón
G24.gal 02/11/2021 13:00

O Goberno reúne este martes o Consello de Ministros, en xuntanza ordinaria. Tras o Consello o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reuniuse coas vicepresidentas Nadia Calviño e Yolanda Díaz e alcanzaron un consenso para derrogar a reforma laboral.

Minuto a minuto

13:59

Comeza a conferencia de prensa

14:00

Comparece a ministra voceira do Goberno Isabel Rodríguez

14:02

"Seguimos coa atención posta na illa da Palma. Temos un compromiso cos palmeiros e palmeiras", asegura a ministra que comunica un novo acordo, neste caso do Ministerio de Agricultura para reparar danos do sector na illa canaria

14:06

O Goberno aproba un orzamento de case cen millóns de euros para case novecentas persoas en axudas para a formación do profesorado universitario.

14:07

Isabel Rodríguez comunica un acordo entre o Goberno e a Organización Nacional de Cegos para un plan de emprego

14:11

Comeza a quenda de preguntas

14:11

"O Goberno ten claro o obxectivo. Temos claro que temos que modernizar as nosas normas laborais, nun marco laboral xusto", di Isabel Rodríguez o acordo para derrogar a reforma laboral.

14:13

"Unha recuperación xusta esixe dun marco de relacións laborais xusto", di a voceira do Goberno.

14:23

"O Goberno respecta sempre as disposicións xudiciais", di Isabel Rodríguez sobre a sentenza do Tribunal Constitucional sobre a pena de prisión permanente revisable.

14:25

"O obxectivo está claro, e creo que nunca tivemos dúbidas", explica a voceira do Goberno sobre o acordo para derrogar a reforma laboral. Isabel Rodríguez asegura que "temos que dotarnos do mellor sistema de relacións laborais".

14:27

Sobre a renovación do Tribunal Constitucional asegura que "nós facémonos cargo dos nosos nomeamentos e sobre aqueles máis polémicos preguntenlles a quen os propuxo".

14:31

Finaliza a conferencia de prensa

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar