Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta adianta a comezos de 2023 o complemento de pensións non contributivas

A Xunta adianta a comezos de 2023 o complemento de pensións non contributivas

O Goberno galego tamén aprobou este xoves unha nova convocatoria das axudas ao alugueiro

G24.gal 24/11/2022 11:30 Última actualización 24/11/2022 14:52

A Xunta adiantará o ano que vén o pago do suplemento autonómico das pensións non contributivas ao primeiro trimestre de 2023, en lugar de finais de ano, como é habitual, e adaptará a súa contía á inflación.

Así o anunciou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao informar da aprobación, na reunión semanal do Goberno galego, do complemento para este ano, que se aboará antes de finalizar o ano a 37.000 pensionistas galegos, que recibirán 206 euros, o que supón un total de 8 millóns de euros.

O Goberno galego tamén aprobou este xoves unha nova convocatoria das axudas ao alugueiro, cunha partida total de 13,7 millóns de euros, para subvencionar a vivenda a entre 3.000 ou 4.000 familias con rendas baixas.

As axudas cubrirán ata un 50 % do alugueiro, sempre que non supere os 600 euros nas cidades, 500 en vilas periurbanas, e 400 no resto de municipios galegos, e a contía máxima será de 300, que se poderá percibir ata un máximo de cinco anos. 

Na xuntanza deste xoves, o Goberno da Xunta tamén aprobou as bases da carreira profesional do persoal do SERGAS, tanto fixo como temporal, 6 millóns de euros para a mellora de parques empresariais e un investimento de 9 millóns para investigación nas universidades galegas. En concreto son 5 millóns destinados a financiar os 8 centros de investigación acreditados nas universidades galegas e 4 millóns máis destinados a convenios específicos coas universidades para gastos correntes.

 

O Consello da Xunta tamén acordou nomear embaixador de honra do Camiño de Santiago a Víctor Vázquez Portomeñe pola súa "contribución a mellorar o coñecemento internacional da Ruta Xacobea", dixo Rueda

Este Consello da Xunta tamén aprobou as bases da carreira profesional do persoal do Sergas, tanto fixo como temporal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade