A Xunta porá en marcha o Banco de Explotacións antes de final de ano para favorecer a remuda xeracional
A Xunta porá en marcha o Banco de Explotacións antes de final de ano para favorecer a remuda xeracional
A Xunta porá en marcha o Banco de Explotacións antes de final de ano para favorecer a remuda xeracional
O mecanismo servirá para poñer en contacto os propietarios que deixan as explotacións con persoas interesadas en continuar coa actividade
Ao mesmo tempo vaise activar unha liña de axudas para os “propietarios que queiran traspasar” as súas explotacións
O presidente da Xunta Alfonso Rueda presentou este luns dúas medidas para garantir a “substitución xeracional” no sector agrícola e gandeiro, nos que a metade das explotacións galegas están en mans de maiores de 65 anos.
En primeiro lugar, poñerase en marcha antes de que acabe o ano un “banco de explotacións” mediante o que se poñerá en contacto os propietarios que deixan explotacións cos posibles continuadores.
As persoas interesadas poderán acceder a un visor público na web da Consellería para coñecer as granxas dispoñibles.
Asemade, activarase unha “nova liña de axudas” para os “propietarios que queiran traspasar” as súas explotacións, que será compatible con outras axudas. Esta liña contará cun orzamento de 2,1 millóns de euros.
A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, puxo en valor as novas iniciativas, que serán compatibles con outras e servirán aos donos que se xubilen para “complementar” coa prestación de xubilación, debido a que nestes sectores “é moi baixa”.