Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luar na lubre, Víctor Freixanes, Emilio Pérez Nieto, Rosa Rodríguez Álvarez e Agaela, medallas castelao 2025

Luar na lubre, Víctor Freixanes, Emilio Pérez Nieto, Rosa Rodríguez Álvarez e Agaela, medallas castelao 2025

O presidente galego, Alfonso Rueda, lembrou que as Medallas Castelao son, xunto coas de Galicia, os recoñecementos "de máis alto rango" que outorga a comunidade autónoma

A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia ás personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no ámbito artístico, literario, deportivo, económico ou intelectual

G24.gal 16/06/2025 12:05 Última actualización 16/06/2025 14:03

O grupo musical Luar na Lubre e o escritor e expresidente da RAG Víctor Freixanes son dous dos cinco galardoados coa Medalla Castelao que este ano outorga a Xunta de Galicia, e que serán entregados o próximo 28 de xuño. Tamén terán este recoñecemento o presidente do grupo Pérez Rumbao, Emilio Pérez Nieto; a médico de familia xubilada Rosa Rodríguez Álvarez, e a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela).

O presidente galego, Alfonso Rueda, lembrou na súa comparecencia tras a reunión do Consello de la Xunta este luns que as Medallas Castelao son, xunto coas de Galicia, os recoñecementos "de máis alto rango" que outorga a comunidade autónoma.

A súa entrega o 28 de xuño coincide co aniversario do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia e o regreso á comunidade galega dos restos mortais do intelectual galeguista Alfonso Castelao 1886-1950.

A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia ás personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no ámbito artístico, literario, deportivo, económico ou intelectual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade