Principia o Dakar para os galegos Edu Iglesias e Diego Vallejo
Principia o Dakar para os galegos Edu Iglesias e Diego Vallejo
Diego Vallejo, copiloto de Óscar Fuertes, rematou a 1:44 do líder Al Attiyah na Etapa 0
Edu Iglesias foise ata o posto 116 e comezará a primeira etapa a media hora dos primeiros
Comezou o Dakar 22 cunha etapa prólogo para ir definindo as posicións de cara á primeira xornada longa do rally. En coches o gañador foi Nasser Al Attiyah que investiu 10 minutos e 56 segundos. Carlos Sainz estivo moi preto, a 12 segundos do qatarí.
O lucense Diego Vallejo, copiloto de Óscar Fuertes, rematou satisfeito logo da primeira toma de contacto coa area e as rochas do deserto ao acabaren a 1:44 logo de investir 12:40 no percorrido. Só dous españois, Carlos Sainz e Nani Roma, melloraron as prestacións do coche de Vallejo.
En motos as diferenzas foron máis amplas porque os tempos se multiplicaron por cinco. O mellor na meta foi outro dos considerados favoritos Daniel Sanders. O monfortino Eduardo Iglesias rematou no posto 116 a máis de media hora de Sanders.
#Press. Se nota que nos hemos divertido. Prólogo acabada con buenas sensaciones. El coche y Óscar de 10. Contentos con el puesto 26. Queda mucho por delante. Feliz dentro de este súper equipo con mi hermano @sergiovallejof cerca.¡A papá lo sentimos con nosotros! pic.twitter.com/SBF638pTYt
— Diego Vallejo Folgueira (@dvfcopiloto) January 1, 2022
