Cargando resultados...
Comeza o control de acceso á Cidade Vella da Coruña
Trátase dunha proba piloto e polo momento non se multa aos infractores
G24.gal
19/11/2026 12:06
Están nos accesos á zona histórica na Coruña. Son cámaras de control que detectan aqueles vehículos que entran sen autorización. Acaban de empezar a funcionar despois de 12 anos de espera.
Poden entrar os residentes, comerciantes con negocio na zona antiga e usuarios de garaxes. Iso si, previamente deberán rexistrar a matrícula e xestionar a autorización. Máis adiante activaranse as sancións.
Tamén os comerciantes o apoian, pero o que si piden é máis horario para repartir e non limitalo só ata as 11 de mañá. O control de accesos é o último paso na peonalización da zona histórica.