Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alta asistencia no inicio da vacinación de reforzo do grupo de entre 40 e 49 anos

Alta asistencia no inicio da vacinación de reforzo do grupo de entre 40 e 49 anos

Teñen preferencia os que recibiron AstraZeneca, aínda que sexan máis novos

G24.gal 27/12/2021 14:49

Nin o mal tempo nin as vacacións de Nadal fan que falten á cita. É o momento de que as persoas entre 40 e 49 anos reciban o reforzo, e a asistencia neste primeiro día é masiva.

"Para a terceira dose veñen case o total dos convocados, unha vez que teñen as dúas, a maioría quere o reforzo", di Alejandro Baña Tomé, coordinador da vacinación de Santiago.

"É fundamental estar vacinado, e non pasa nada, eu estou aquí". "Polo meu ben e o dos demais". "Paga a pena a cola na chuvia, hai que protexerse", explican algúns dos convocados.

Na ringleira destaca algún uniforme de bombeiro, tamén da Garda Civil, e sobre todo, moitos profesores. Son colectivos esenciais que recibiron AstraZeneca e teñen preferencia para recibir a terceira picada aínda que sexan máis novos.

"Neses colectivos vacinamos tamén xente menor de 40 anos porque cumpren o criterio de vacinación, que é levar máis de 3 meses con AstraZeneca, ou seis meses con Pfizer ou Moderna", explica o coordinador.

"No colectivo de profesores é fundamental vacinarse, veño con ganas". "Eu son bombeiro e puxéranme dúas de AstraZeneca, hoxe levei Moderna", engaden dous asistentes.

Hai 410.000 galegos nesta franxa de idade, e o 92 % teñen a pauta completa. Segundo as previsións da Xunta, o reforzo deste tramo completarase a mediados do mes de febreiro, 15 día antes do obxectivo marcado polo Goberno central.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade