Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a estenderse o uso das pulseiras Centinela, que detectan drogas químicas nas bebidas

Comeza a estenderse o uso das pulseiras Centinela, que detectan drogas químicas nas bebidas

O obxectivo é claro: a prevención de agresións sexuais por casos de submisión química

O test é moi rápido e é quen de detectar ata 22 substancias estupefacientes, entre elas o GHB, a burunganga, ketamina ou éxtase

Cada vez máis concellos en Espaá están repartindo estas pulseiras preventivas en grandes eventos festivos

G24.gal 09/03/2026 14:15

Para evitar as agresións sexuais mediante submisión química estase estendendo o uso das pulseiras Centinela, capaces de detectar se unha bebida foi adulterada con drogas. Xa hai concellos que as reparten nas festas.

Coñecen as pulseiras Centinela? Son un sistema rápido para detectar en poucos segundos a presenza de drogas nas bebidas. Para facer o test basta con pór unha gota do líquido na pulseira. Se cambia de cor, a bebida foi adulterada. Entre a mocidade galega pensan que é unha boa medida preventiva. 

Cada vez máis concellos as reparten de balde durante grandes eventos. En Castelló van repartir 2.000 pulseiras nas celebracións da Magdalena. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade