Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colas interminables para conseguir facer unha PCR antes de Noiteboa e Nadal

Colas interminables para conseguir facer unha PCR antes de Noiteboa e Nadal

Ata cinco horas de espera nos puntos sen cita previa para asintomáticos

"Esperamos o mellor e preparámonos para o peor", di a directora de Saúde Pública

G24.gal 22/12/2021 20:58

    Nuns días haberá nos 14 distritos sanitarios de Galicia puntos para que poidan facer unha PCR sen pedir cita previa as persoas asintomáticas.  De momento este servizo xa se presta no Clínico de Santiago, no hospital do Barbanza, en Vigo e en Pontevedra. 

 E en todos estes lugares producense estes días reas interminables. En Vigo a cola comezou antes de amencer. Xente que chegou ás sete da mañá xa tiña máis dun cento de persoas diante.   

En Santiago, onde só se fan en horario de tarde, a cola convértese por momentos en acampada. Na véspera das festas de Nadal a xente quere seguridade e está disposta a esperar ata cinco horas para logralo, ainda a risco de que lles pechen a porta antes de que chegue a súa quenda.

"Polas festas. No meu caso teño un familiar que estivo con inmunosupresión e paréceme máis seguro para poder reunirnos un pouquiño máis tranquilos", asegura unha muller que se puxo á cola horas antes de que abrira o servizo. 

 Moitos fracasaron a primeira xornada e repiten intento, sobre todo os universitarios. "Veño facer a proba para poder volver á casa", explica un estudante. "Por que imos para casa, por se acaso", explica outro. "Hai que ter coidado, non vai ser" coinciden os dous. 

En Galicia realizánse 10.000 probas covid diarias e Saúde Pública asegura que a capacidade diagnóstica non tocou teito. Atribúen o forte incremento dos contaxios ao aumento da interacción social. Na comunidade ómicron avanza pero ainda non desprazou a delta.

 "Complicado dicir se chegamos ou non ao pico. Esperamos o mellor pero estamos preparados para o peor", afirmaba a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

 Preocupa a presión asistencial, sobre todo nas áreas sanitarias en que a evolución é peor.


"Esto non só afecta a atención primaria senón que se traslada aos servizos de urxencias hospitalarias", asegura o coordinador de hospitalización covid na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés,  Juan Turnes.

 No Hospital de Montecelo comezaron a pospoñer algunhas cirurxías non prioritarias, pero que poderían precisar atención UCI. O doutor Turnes asegura que mentres afecta a un ou dous casos pode ser aceptable. " O problema é o futuro que nos espera a curto prazo que parece que pode ser moi complicado", engade.

 Dos nove enfermos covid ingresados na UCI do Hospital de Montecelo, catro son persoas sen vacinar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos