Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coa permanencia garantida, o Racing cobiza metas máis altas

Coa permanencia garantida, o Racing cobiza metas máis altas

O equipo afrontará as últimas nove xornadas sen ningunha presión e coa máxima ilusión para meterse na loita polo ascenso

G24.gal 01/04/2024 20:20

O Racing logrou os cincuenta e un puntos, a permanencia virtual. Os de Cristóbal gañaron na Malata ante un dos candidatos ao ascenso, o Elxe. Co primeiro obxectivo da tempada cumprido, o Racing permítese soñar.

Os tres puntos quedaron en Ferrol grazas a un gol de Nico Serrano, o segundo do futbolista cedido polo Athletic que chegou no mercado de inverno. O conxunto verde pensa xa en metas máis altas. Este venres visitan o Amorebieta, en postos de descenso e, unha vez acadada a permanencia, xa van a por todas nestas últimas xornadas para buscar o premio gordo da Segunda División.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar