Claudio non agocha a ilusión do celtismo: "Imos loitar por Europa"
Borja Iglesias gabou o seu adestrador dicindo que Giráldez era o mellor técnico da súa carreira
Unha vez asegurada a permanencia en Primeira División Claudio falou por primeira vez do obxectivo de entrar en Europa para a vindeira temporada. O adestrador vigués non se escondeu e dixo que o seu equipo ía buscar a matrícula de honra unha vez acadado o sobresaínte na temporada. Mesmo se atreveu a ironizar coa idea de xogar a Champions, que dá máis diñeiro que a Europa League e a Conference.
O único certo é que o porriñés ten no peto a todos os xogadores do equipo. Borja Iglesias comentou ao final do encontro que Claudio era o mellor adestrador da súa carreira. O técnico quixo agradecer as palabras e asegurou que o sitio de Borja é este, deixando moi clara a intención do club de prolongar o contrato para a vindeira temporada cun Panda que marcou ao Vilarreal o seu noveno gol.