Claudio di que non había ningunha mensaxe na frase: "O equipo non dá para tres competicións"
O Celta busca en Oviedo a quinta vitoria consecutiva como visitante
O Celta disputa os seus últimos partidos antes da parada polo Nadal. O equipo vigués enfróntase este sábado ao Oviedo no estadio Carlos Tartiere a partir das 14:00 horas. O duelo foi declaro de alto risco por Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte.
Tras o pau da Copa, onde asinaron a súa peor actuación dos últimos tres anos, os celestes fían a reacción á súa eficacia como visitantes, con oportunidade de prolongar mañá no Carlos Tartiere a cinco o récord histórico de catro vitorias consecutivas establecido fai un par de xornadas no Santiago Bernabéu.
Unha motivación extra para esquecer a súa mala noite en Albacete. Sobre se a frase de que "non dá para tres competicións" é un toque de atención.
"Non ía con ningunha outra intención. Encántanme o meu equipo e os meus xogadores, confío neles, temos que esixirnos para ter o 100 % deles. É entendible que somos seres humanos e é difícil dar o noso mellor nivel todos os días".
Hugo González e Aidoo, adestraron con normalidade.