Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan ao porto exterior de Ferrol os primeiros coches eléctricos chineses

Chegan ao porto exterior de Ferrol os primeiros coches eléctricos chineses

G24.gal 09/05/2024 22:11 Última actualización 09/05/2024 23:01

Son as primeiras unidades de coches eléctricos que desembarcan en Ferrol: os modelos Alhpa S e Alpha T, fabricados por Arcfox, a filial premium da gran multinacional chinesa da automoción BAIC.

"O Alpha S, o coche eléctrico intelixente de longo percorrido, e o Alpha T, veículo 100 % eléctrico todo terreo. Estes dous últimos modelos xa están certificados en España e listos para circular", manifestou Zheng Fang, directora executiva de Arcfox Automotive Spain.

Presentáronse este xoves no porto exterior de Ferrol, o centro loxístico desde onde o xigante asiático se introduce no mercado español e europeo.

"A presentación destes vehículos eléctricos de gama alta que levará a Europa a través do porto de Ferrol é unha mostra do atractivo que Galicia ten para empresas de todo o mundo, algo que nos permitirá abrir novas vías de negocio", apuntou Francisco Barea, presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Cun investimento de cinco millóns de euros para adecuar as instalacións portuarias e 50 empregos directos nesta fase inicial, a previsión da compañía chinesa é distribuír desde Ferrol entre 3.000 e 8000 unidades de vehículos anuais a partir de 2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar