Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chegan 600 migrantes nun só día ás Canarias

Chegan 600 migrantes nun só día ás Canarias

Desde o 1 de novembro, chegaron ás illas 5.857 persoas; 1.300 fixérono esta fin de semana

O Goberno reúne este martes a Comisión Interministerial de Inmigración para coordinar solucións ante unha crise que está desbordando os servizos públicos

Nos primeiros nove días de novembro chegaron preto de 6.000 migrantes
G24.gal 10/11/2026 08:00

Seguen chegando sen parar migrantes ás illas Canarias. Só 600 nas últimas 24 horas. Hoxe, o Goberno reúne a Comisión Interministerial de Inmigración, para abordar co presidente canario unha solución coordinada á presión migratoria no arquipélago. 

A ruta atlántica cara as Canarias está considerada unha das máis mortíferas do mundo. 1.172 migrantes morreron nela en 2025. Pero aínda así, segue sendo das máis transitadas. Desde o 1 de novembro, chegaron ás illas 57 embarcacións con 5.857 persoas. 1.300 esta fin de semana.

A bordo das últimas que chegaron á illa do Hierro, rescatadas por Salvamento Marítimo, chegaron só nun día, preto 600 migrantes. A 5 e 6 pateras diarias. 

Os veciños protestan contra a xestión da crise migratoria. 

No porto da Restinga, non dan feito. A acumulación de caiucos está dificultando as manobras no peirao. 
No Hierro viven 12.000 habitantes. A presión migratoria está desbordando os servizos públicos. Desde o hospital da illa, con todas as camas están xa ocupadas, reclaman máis recursos. Por exemplo, un hospital de campaña. 

Desde o Cabido, piden máis axilidade nas derivacións cara á península e máis recursos para transportar os migrantes. 

Na comisión interministerial que se vai celebrar hoxe na Moncloa participarán seis ministros, amais do presidente canario e o do Cabido do Hierro, para coordinar entre as distintas administración unha resposta á crise migratoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade