Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega a Vigo o 'escape room' máis grande de Europa

Chega a Vigo o 'escape room' máis grande de Europa

Abrirá o vindeiro 4 de marzo e estará situado no Monte Alba

Contará con máis de 4.000 m² e será ao aire libre

Cristian Romero 09/02/2023 10:12

O 'escape room' máis grande de Europa abrirá as súas portas en Vigo o vindeiro 4 de marzo. Contará, aproximadamente, con 4.000 m² e estará situado no Monte Alba.

Os escenarios serán múltiples e diversos, como un coche 4×4 real, cabanas, pasadizos secretos, probas de habilidade disparando escopetas de paintball…

A temática é a seguinte: os animais do Monte Alba experimentaron un comportamento un tanto estraño nas últimas semanas e un equipo de científicos foron explorar o terreo, pero algo non saíu como se esperaba. O doutor Harry Harlow desatou un verdadeiro caos e necesita un equipo de mentes brillantes para solucionalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos