Publicador de contidos

Publicador de contidos

Charlie Patiño comeza con bo pé a pretemporada no Deportivo

Charlie Patiño comeza con bo pé a pretemporada no Deportivo

Despois dun primeiro ano moi discreto, o centrocampista inglés quere ser protagonista neste novo proxecto do cadro coruñés

G24.gal 28/07/2025 12:27

Xa de pequeno, Charlie Patiño soñaba con triunfar no Deportivo. A paixón chegoulle dos seus antergos emigados á súa Inglaterra natal. Así que, desde que fixo a maleta, non tivo outro obxectivo. Pero o primeiro ano pouco se asemellou aos seus soños. Custoulle adaptarse e apenas xogou.

Pero este ano Patiño comezou con outro pé. Vese máis solto, máis atrevido. Un gran pase seu de máis de trinta metros serviulle un gran gol a Yeremay en Ourense. Charlie non pensa nunha cesión. Veu para catro anos e quere ser ese mediocentro que o club busca.

Esta semana Patiño volve a Inglaterra. Na súa cidade de orixe, Watford, disputa o Deportivo o seguinte amigable. E despois o encontro contra o Middlesborough. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade