Publicador de contidos

Publicador de contidos

Charles decide e o Pontevedra estréase no liderado

Charles decide e o Pontevedra estréase no liderado

G24.gal 10/04/2022 18:57

O Pontevedra é o novo líder do primeiro grupo da Segunda Federación logo de remontar e gañarlle 3-2 ao Real Avilés en Pasarón. Co empate do Unión Adarve e a vitoria granate, os da beira do Lérez asaltan a primeira posición cun punto de vantaxe respecto do seu perseguidor.

Iago Díaz no minuto 6 adiantaba moi cedo ao cadro visitante. Os de Ángel Rodríguez empataban mediación de Churre nun saque dende o curruncho, pero xusto na xogada seguinte Natalio puña de novo por diante o cadro avilesino. 

Así marcharon o descanso e na segunda parte o Pontevedra tirou de espírito para remontar. Rufo daba esperanzas definindo coa cabeza un gran centro de Yelko, e xa no no 86' Charles (quen se non) instalou a tolemia en Pasarón co tanto da remonta.

56 puntos para seguir pensando no ascenso á 1RFEF.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade