Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade fai un chamamento masivo a participar no Sincigal

Sanidade fai un chamamento masivo a participar no Sincigal

Hai 150.000 vacinas dispoñibles e gratuítas

Pódese resolver calquera dúbida no 900 842 217 ou en sincigal.com

G24.gal 16/01/2026 14:37

Ata hai pouco o VRS só se estudaba na poboación infantil porque era o causante da maioría dos ingresos de bebés.

Desde 2023 os pequenos vacínanse del, e xa non sofren complicacións. Pero polos novos tests sábese que 8 de cada 100 galegos teñen agora mesmo unha infección respiratoria causada por este virus, dunha intensidade similar á gripe. A pregunta é se tamén nos adultos sería procedente a vacina.

"Está demostrado cientificamente que unha persoa que se vacina fronte ao VRS reduce o seu risco de ter unha hospitalización nun 80 % e a súa protección pode durar tres anos; e o que queremos probar e se a súa aplicación no contexto xeral da poboación galega ten un impacto de saúde que xustifique incluíla no investimento do noso calendario de vacinación", explica Federico Martinón, experto en vacinas e coordinador do Sincigal.

Desde esta fin de semana, dous millóns de galegos están invitados a participar. Poden consultar horarios, lugares e dúbidas na web do Sincigal.

"Poden achegarse aos seus centros de saúde, tamén os hospitais esta fin de semana ou a partir de agora nos máis de 200 puntos habilitados que poden consultar na páxina web do estudo. Alí reciben á información, asinan un consentimento informado e son sorteados ou aleatorizados a recibir ou non a vacina", di Martinón.

A metade poñerana e quedarán inmunizados por tres anos, e a outra metade formará parte do grupo de control. Na última semana, o VRS provocou o ingreso hospitalario de 45 persoas maiores de 60.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos