Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cerdedo-Cotobade lembra as sete vítimas do accidente dun autobús en Noiteboa

Cerdedo-Cotobade lembra as sete vítimas do accidente dun autobús en Noiteboa

No aniversario do sinistro celebrouse un funeral oficiado polo arcebispo de Santiago

G24.gal 22/12/2023 18:55 Última actualización 22/12/2023 19:07

Cerdedo-Cotobade acolleu esta tarde un funeral polas vítimas do accidente de tráfico na Noiteboa do ano pasado.

Foron moitos os veciños que se achegaron á igrexa de San Xoán Bautista de Cerdedo para lembrar as sete persoas que perderon a vida ao caer un autobús de liña ao río na parroquia de Pedre.

O arcebispo de Santiago oficiou a misa de cabodano á que tamén asistiron familiares e achegados das vítimas. O accidente motivou a creación do Pacto de Pedre para reclamar melloras na estrada Nacional 541.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade