Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta vive outro calvario en Balaídos e perde 2-3 co Levante

O Celta vive outro calvario en Balaídos e perde 2-3 co Levante

Os de Guiráldez consolídanse como o segundo peor equipo como local con só 20 puntos e oito derrotas

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 12/05/2026 19:00 Última actualización 12/05/2026 21:05

O equipo de Claudio Giráldez buscaba, coa súa terceira vitoria consecutiva, meterlle presión ao Betis nesa pelexa pola quinta praza.

A primeira oportunidade chegou cedo. Nunha gran combinación entre Javi Rueda, Iago Aspas e un Fer López que non resolveu no man co meta do Levante. 

Só dous minutos despois, os de Giráldez volveron facer unha gran combinación resolta perfectamente por Jutglá. Era o minuto catro.

Tres despois, Iago Aspas tivo o segundo pero o balón foise un pouco alto.

Houbo unha lixeira reacción do Levante. Tras un saque de falta, os levantinistas gañaron a segunda xogada e puido rematar de cabeza Arriaga, que puxo o balón abaixo para a estirada de Radu.

Os mesmos nomes volveron ser protagonistas pero con final diferente. Arriaga lanzou un potente disparo desde 30 metros que o porteiro romanés non logrou despexar. Empate a un no minuto 42.

Con todo, o Celta puido marchar coa vitoria con dous lanzamentos a porta de Hugo Álvarez que rexeitou espectacularmente Ryan. Con empate finalizaron os primeiros 45 minutos

No incio do segundo tempo entrou Iker Losada, exxogador do Celta e home de confianza de Giráldez​​​​. Esa segunda parte comozou como a primeira. Outra gran combinación dos celestes que remata con centro medido de Javi Rueda que resolve a pracer Jutglá. Segundo gol do catalán.

O Celta intentaba controlar o encontro. Parecía que o lograba pero tamén pasou o mesmo que na primeira parte. Outro lanzamento desde 30 metro volve sorprender a Radu. Gol pola escadra de Dela e empate 2-2 no minuto 12 da segunda parte.

Mentres Balaídos confiaba noutro gol galego o que pasou é que o Levante remontou o partido cun tanto de cabeza de Brugué á saída dun saque de esquina. Só pasaran dous minutos desde o gol de Dela.

O Levante puido pechar o partido a 8 minutos do partido pero Brugué disparou ao pau esquerdo.

O partido lembrou ao acontecido ante o Alavés. O Celta segue inoperante en Balaídos e segue a ser o peor equipo como local con só 20 puntos e oito derrotas

O último desprazamento da temporada será a San Mamés. O partido ante o Athletic será o domingo ás sete da tarde en horario unificado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade