Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celta B e Deportivo cítanse para o vindeiro sábado en Balaídos

Celta B e Deportivo cítanse para o vindeiro sábado en Balaídos

O partido cambia de horario e pasa do domingo ao sábado ás 18:00 horas, en directo pola G2 e G24

G24.gal 19/09/2022 21:15

Riazor vibrou co primeiro derbi da temporada, un partido intenso e igualado. O Pontevedra presentou as súas credenciais ante un Deportivo verde coma a súa camiseta. Os granates adiantáronse no marcador cun gol de Brais Abelenda e puideron facer o segundo nun contragolpe en que Calvillo preferiu resolver individualmente no canto de buscar a Rufo.

Porque o Deportivo deu co gol nunha conexión dos seus xogadores de máis talento. Quiles atopou a Mario Soriano para facer o empate definitivo.

Esa agresividade poñerase a proba o vindeiro sábado. O Deportivo visita un Celta B que apañou os seus primeiros puntos a domicilio. Derrotou 3-1 ao Ceuta cun dobrete de Lautaro. O sábado en Balaídos o campo debera estar nas mellores condicións para o derbi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade