Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carvalhal baralla a opción de Miguel Rodríguez no lugar de Carles Pérez

Carvalhal baralla a opción de Miguel Rodríguez no lugar de Carles Pérez

O interior tivo problemas físicos e o técnico portugués probou co de Redondela

O Celta pecha a xornada de primeira recibindo o Mallorca en Balaídos

G24.gal 16/04/2023 14:13

O partido que pecha a xornada na primeira división é o de Balaídos, no que o Celta busca a súa oitava semana seguida sen perder diante do Mallorca. Os de Carvalhal, na sesión desta mañá, traballaron para evitar os erros defensivos a balón parado.

O técnico luso indicou que a presenza de Carles Pérez é dubidosa por mor duns problemas musculares polo que Miguel Rodríguez apunta ao once inicial. Carvalhal tamén falou de trocar un pouco o estilo do seu fútbol porque os rivais comezan a coñecer de memoria o seu estilo "aínda que isto é algo bo". Tamén falou o portugués do que vai facer falta para manterse na categoría que, ao seu entender, serán "41 ou 42 puntos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade