Carrillo: "O noso estadio ten algo especial, ten a forza da nosa afección"
O murciano é o mellor xogador do mes de decembro
José Ángel Carrillo é o Xogador Estrella Galicia do mes de decembro. O dianteiro albivermello recollía este mediodía no Estadio Anxo Carro o premio que lle acredita como tal por terceiro mes consecutivo.
O murciano recibe o galardón, sendo o xogador máis votado, por diante dos seus compañeiros na terna, Ricard e Ros. O seu mes, no que continúa sendo o máximo goleador do equipo, supuxo un valor indiscutible que fixo posible que o 11 amurallado reciba esta distinción de mans do principal patrocinador do club.
O futbolista deu as grazas á afección e aos seus compañeiros por este premio, destacando a unión entre bloque e bancada, como unha das claves para afrontar con garantías o encontro aprazado fronte o Almería deste mércores. "Agora chega un equipo importante. Sabemos que o Almería é o mellor equipo ata o momento da categoría. Pero o noso estadio ten algo especial, ten a forza da nosa afección, e temos que aproveitar ese aspecto"
|SP|🎥
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) January 17, 2022
👉Lembra as palabras de @carric9 na entrega do trofeo #XogadorEstrella @estrellagalicia do mes de decembro!
👉Elixido pola afección nos perfís oficiais das nosas redes sociais!
▶️ https://t.co/QUIycNAaxg #ForzaLugo pic.twitter.com/xKlkCaFbnO