Carlos Mouriño perde a Antonio Chaves, a súa man dereita
Carlos Mouriño perde a Antonio Chaves, a súa man dereita
Mariam Mouriño aparece como a sucesora do seu pai na presidencia
Chegou no 2008 para colocarse preto de Carlos Mouriño e salvar un club arruinado. Quince anos un ao carón do outro. Antonio Chaves era a segunda persoa con máis poder no club. A última vez que falou en público foi hai seis meses para lembrar que o mercatilismo se impón ao romanticismo.
Sabe moito de cartos. É a figura chave do Celta moderno. O arquitecto económico para negociar un proceso concursal onde o Celtra pasou de adebedar uns 70 millóns a uns 30.
Controlaba todo: a xestión económica e a deportiva. Negociaba e verificaba os contratos das fichaxes e as renovacións. Duro negociador, prefería estar mediaticamente nun segundo plano.
Carlos Mouriño confesou en setembro de 2016 que Antonio Chaves era o seu favorito para sucedelo na presidencia.
Mais aquilo foi hai sete anos, e ultimamente apareceu como sucesora a filla de Carlos Mouriño, Mariam, e por aí Chaves foi desachegándose do futuro do Celta. Foi perdendo peso nas grandes decisións que se toman por Afouteza e considerou que era o momento de marchar.