Oficial: Carlos Carvalhal non continuará como técnico do Celta
Oficial: Carlos Carvalhal non continuará como técnico do Celta
Sétimo adestrador en ser destituído polo Celta desde que o arxentino Eduardo 'Toto' Berizzo non renovou o seu contrato en 2017
O club anunciouno na mañá deste sábado nas súas RRSS
Quedáballe un ano de contrato co conxunto vigués, que agora busca adestrador para o seu Centenario
O portugués Carlos Carvalhal non continuará como adestrador do Celta de Vigo a tempada 2023-24 a pesar de que aínda lle restaba un ano de contrato coa entidade que preside Carlos Mouriño.
O club anunciou o remate da relación nas súas redes sociais, polo que Carvalhal converteuse no sétimo adestrador en ser destituído polo Celta desde que o arxentino Eduardo 'Toto' Berizzo non renovou o seu contrato en 2017.
𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 📣 O #RCCelta e Carlos Carvalhal dan por concluída a súa vinculación contractual
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) June 10, 2023
O noso máis sincero agradecemento, @carloscarvalha2, e a maior das sortes no teu futuro profesional e persoal. 💙🫡#ObrigadoCarvalhal
Carvalhal, unha aposta persoal do asesor deportivo Luís Campos, chegou a Balaídos o pasado mes de novembro para suplir ao arxentino Eduardo 'Chacho' Coudet co reto de manter ao equipo en Primeira División.
Agora queda por saber quen vai ocupar o banco vigués na temporada do Centnario do club.