Cargando resultados...
Carlo Ancelotti gaba a Iago Aspas e Gabri Veiga
O adestrador italiano do Real Madrid considera que tantos partidos no seu calendario "non ten sentido"
G24.gal
21/04/2023 20:19
No Real Madrid, Ancelotti prepara rotacións para o partido que os vai enfrontar ao Celta. Tras conseguir o pase a semifinais da Champions esta semana en Stamford Bridge e pensando en vindeiros compromisos o técnico italiano propón cambios no once.
Conta coas lesións de Mendy e Alaba. Ancelotti gabou o Celta e en especial os seus dous xogadores estrela, Iago Aspas e Gabri Veiga. Tamén falou do cargado do calendario que ten o seu equipo de cara ás vindeiras semanas e considera que, polo ben do espectáculo, habería que baixar o ritmo de encontros.