Carles Pérez, o xogador do mes de marzo, confía en conseguir "algo bonito"
O Celta recibe este luns o Mallorca en Balaídos
Carles Pérez foi titular en todos os partidos do mes de marzo e marcou o seu primeiro gol na temporada ante o Español
O Celta xoga o vindeiro luns. Partido en Balaídos ante o Mallorca. Os de Carlos Carvalhal preparan o encontro con Solari como novidade no adestramento. Quedan dez xornadas para o remate da Liga, o Celta é décimo e está agora a catro puntos da sétima praza.
Carles Pérez, elixido polos afeccionados celestes como mellor futbolista do mes de marzo, di que o equipo está capacitado para ir máis arriba.
O catalán foi titular nos tres partidos xogados do mes de marzo e marcou un gol contra o Español. Neste mes de abril estalle a dar continuidade a eses grandes números e mantén a regularidade como un dos indiscutibles para Carvalhal.